viernes, 10 de marzo de 2017

Diario de Aprendizaxe

Na materia de ciencias sociais estivemos facendo un traballo que consistía en facer un vídeo coa axuda duns libros da historia de Epaña. A nós tocounos o Estado Liberal durante o reinado de Isabel II. 

O primeiro día estiven axudando a Lucas a bsucar a cronoloxía máis destacada da época que nos tocou, mentres Vero e Diego buscaban información e subliñaban as palabras claves da fotocopia do libro "La historia de España explicada a los jóvenes" que nos entregou a profesora.

Na seguinte sesión íamos grabar as voces para poder elaborar o vídeo, pero non puideramos xa que non quedaba sitio, así que aproveitamos a clase completando o vocabulario mentres Diego resumía a páxina de industrialización do libro. 

A penúltima sesión, tampouco puideramos grabar a causa de que non tiñamos a fotocopia, pero a aproveitamos para buscar as fotografías para aplicar no vídeo.

Na sesión do venres xa puidimos grabar, a min tocoume ler a parte do periódico. Como esta era a última clase, e estivemos grabando toda a hora tivemos que quedar pola tarde para acabar o vídeo, pero tivemos moitos problemas co movie maker. Vero fixo a primeira parte do vídeo pero cando queriamos gardalo o ordenador non nos deixaba xa que non tiña espazo e entón Diego e Lucas encargáronse de facelo de novo.