viernes, 10 de marzo de 2017

Diario de Aprendizaxe

Na materia de ciencias sociais estivemos facendo un traballo que consistía en facer un vídeo coa axuda duns libros da historia de Epaña. A nós tocounos o Estado Liberal durante o reinado de Isabel II. 

O primeiro día estiven axudando a Lucas a bsucar a cronoloxía máis destacada da época que nos tocou, mentres Vero e Diego buscaban información e subliñaban as palabras claves da fotocopia do libro "La historia de España explicada a los jóvenes" que nos entregou a profesora.

Na seguinte sesión íamos grabar as voces para poder elaborar o vídeo, pero non puideramos xa que non quedaba sitio, así que aproveitamos a clase completando o vocabulario mentres Diego resumía a páxina de industrialización do libro. 

A penúltima sesión, tampouco puideramos grabar a causa de que non tiñamos a fotocopia, pero a aproveitamos para buscar as fotografías para aplicar no vídeo.

Na sesión do venres xa puidimos grabar, a min tocoume ler a parte do periódico. Como esta era a última clase, e estivemos grabando toda a hora tivemos que quedar pola tarde para acabar o vídeo, pero tivemos moitos problemas co movie maker. Vero fixo a primeira parte do vídeo pero cando queriamos gardalo o ordenador non nos deixaba xa que non tiña espazo e entón Diego e Lucas encargáronse de facelo de novo. 



jueves, 10 de noviembre de 2016

Sesión 1

Hoxe estivemos facendo a o caderno de equipo, onde fixemos a elección de cargos. Tamén estivemos facendo o plan de traballo, onde aparece o que vai facer cada membro do grupo na tarefa desta unidade; pero non nos deu tempo a rematar as normas.

Plan de traballo

- Explicación dos principais feitos: Álvaro e Diego (que compartirán ordenador)
- Protagonistas: Diego e Álvaro (que compartirán ordenador)
- Causas: Paula  
- Consecuencias: Paula  
- Vocabulario destacado: Todos os membros irán recollendo o vocabulario destacado que atopen oportuno.
- Obra artística sobre a temática: Nerea   


Se algún compañeiro remata a tarefa programada para a sesión, axudaralle ao compañeiro que vaia máis atrasado. Os últimos cinco minutos adicaranse ao diario e sesións.

Caderno de equipo



Cargo

Funcións e tarefas

Data de incorporación

Nome e número


Coordinador/a

-Controla  a repartición de tarefas  e a súa execución

-Representa ó grupo


10/11/2016

Diego G.F Nº18

Secretaria/o

- É o responsable de gardar e organizar o material.  


10/11/2016

Paula R.P Nº27


Axudante

-Colabora cos outros compañeir@s.

-Establece os tempos de fala xunto co mediador/a e se un compañeir@ falta, cubre o seu posto.



10/11/2016

Nerea G.B Nº15


Mediador

-Favorece o desenvolvemento do proxecto, recolle por escrito (ou no blog) todas as ideas do grupo.

- Evita que haxa problemas de grupo, e axuda a solucionalos 



10/11/2016

Álvaro A.G Nº1











Normas:
- Respectar as opinións de todos os membros do equipo.
- Repartir o traballo que non dé tempo na clase equitativamente.
- Se alguén remata a súa parte axudará ao compañeiro que vaia máis atrasado na súa tarefa.
- Todos os membros deben cumplir cos seus cargos.