miércoles, 18 de noviembre de 2015
Sesión 5
Hoxe na hora de xeografía e historia, seguimos investigando sobre a empresa, tivemos algúns problemas para contactar coa empresa; e a hora de galego fomos a chamar á empresa polo teléfono do colexio.
miércoles, 11 de noviembre de 2015
Investigando a empresa
1) Nome e tipo de empresa (ámbito nacional ou multinacional, tamaño, nº de traballador@s, propiedade, procedencia do capital e outros criterios).
2)
Sector
económico e subsector ao que pertence a empresa.
3)
Situación
actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España.
4)
Tipos
de actividades económicas que desenvolve a empresa e onde as desenvolve.
5)
Localización
e factores de localización (páx. 156).
6)
Factores
produtivos que precisa para a proceso de produción: recursos naturais, traballo
e capital.
7)
Mercado
ao que dirixe os seus produtos (rexional, nacional, internacional, bolsa).
8)
Métodos
da empresa para reducir custes de produción (deslocalización), aumentar a
produtividade ou incrementar as vendas (publicidade).
9)
Estabilidade
laboral dos traballadores: tipos de contratos, subcontratación,…
10)
Convenio
colectivo que regula as condicións dos traballador@s do sector.
11)
Relacións
da empresa con Organizacións empresariais.
12)
Outros
aspectos de interese como a situación actual da empresa.
Investigando a empresa
1) Nome e tipo de empresa (ámbito
nacional ou multinacional, tamaño, nº de traballador@s, propiedade, procedencia
do capital e outros criterios).
AltEnergy é unha empresa S.L o
que significa que é unha sociedade limitada, o tipo de empresas máis extendido
en España nestes momentos sendo moi utilizada por pequenos empresarios
autónomos. Agora mesmo non podemos saber con exactitud o número de traballadores
nin a procedencia de capital, así que o preguntaremos na empresa. Podemos
deducir que se trata dunha empresa pequena.
2) Sector
económico e subsector ao que pertence a empresa.
Pertence ao
sector terciario xa que propón servizos ás persoas ou ás outras empresas sobre
instalaciones eficientes, enerxías renovables e eficiencia enerxética,
loxística interna e construción de naves e consultoría. O subsector ao que se
dedica e a enxeñaría.
3) Situación
actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España.
En España houbo unha clara evolución da importancia económica e
laboral deste sector, así, pasouse dun 30% da poboación activa no sector
a mediados do século XX a case un 70% que alcanza na actualidade. É o
máis importante dos tres sectores na actualidade. No mundo nas últimas décadas, este sector diversificouse e
creceu de forma espectacular. Nos países máis desenvolvidos o sector terciario
conforma en torno ao 70% do produto interior bruto. En países de desenvolvemento
medio como por exemplo Brasil ou Tailandia ronda o 50% o 40% e nos países menos
desenvolvidos alcanza porcentaxes no PIB moi inferiores.
4) Tipos de actividades económicas que
desenvolve a empresa e onde as desenvolve.
Esta empresa ten 3 actividades económicas
principais: A primeira englobaría todo o relacionado coas enerxías renovables e eficiencia enerxética, a segunda
loxística interna e a tercera consultoría e asesoramento de xestión enerxética.
Estas tarefas as realiza no local da empresa (Av de Madrid, 62, Vigo,
Pontevedra) ou nos lugares onde
realice instalacións.
5) Localización e factores de
localización.
Sitúase
na Avda. de Madrid porque é un dos lugares máis transitados de Vigo. Ademais
está ao lado dunha gasolineira, o que favorece que as persoas que paren vexan a
tenda de decidan optar por un cambio e pasarse ás enerxías renovables.
6)
Factores produtivos que precisa para o proceso de produción: recursos naturais,
traballo e capital.
Precisa
de alguén que lles surta de paneles solares, instalacións eficientes... Tamén
de traballadores que estén na tenda para vender e outros que se especialicen na
instalación ou consultoría. En canto ao capital necesitan ferramentas para
facer as instalacións, cartos para comprar os produtos que necesiten....
Completaremos esta información cando a visitemos.
7)
Mercado ao que dirixe os seus produtos (rexional, nacional, internacional,
bolsa).
Dirixe
os seus produtos cara o mercado rexional ou nacional, xa que é unha empresa
pequena que só ten unha tenda e esta sitúase en Vigo.
8)
Métodos da empresa para reducir custes de produción (deslocalización), aumentar
a produtividade ou incrementar as ventas (publicidade).
Para
incrementar as ventas a empresa se da a coñecer cunha páxina na rede e envía correos electrónicos. Tamén
inflúe que estea nun lugar tan transitado. Non realiza deslocalización nin externalización de custes.
9) Estabilidade laboral dos
traballadores: tipos de contratos, subcontratación…
A empregada coa que falamos non puido concretarnos esta información.
A empregada coa que falamos non puido concretarnos esta información.
10) Convenio colectivo que regula as
condicións dos traballador@s do sector.
A empresa está co estatuto de traballadores e non está adherida a ningún convenio especial.
A empresa está co estatuto de traballadores e non está adherida a ningún convenio especial.
11) Relacións
da empresa con Organizacións empresariais.
A empregada coa que falamos non puido concretarnos esta información.
A empregada coa que falamos non puido concretarnos esta información.
12) Outros
aspectos de interese como a situación actual da empresa.
A situación actual da empresa non é moi boa, emperou coa caída da construción e agora teñen menos traballadores e os encargados das obras son subcontratados (antes contaban con eles en plantilla). Ademais teñen moita competencia no tema das enerxías renovables, que comezan a gañar importancia.
Sesión 4
Hoxe na hora de xeografía e historia estivemos investigando sobre a nosa empresa, pero tivemos algúns problemas para encontrar algúns apartados por asustos legais, pero puidemos contestar ás primeiras; na hora de galego, seguimos contestando ós apartados.
miércoles, 4 de noviembre de 2015
Ideas para o proxecto
- Que tipo de reportaxe sobre a empresa queremos facer?
- Entrevista. Porque así recadamos toda a información necesaria e temos o punto a favor de que podemos seleccionar nós as preguntas dacordo co que máis nos interese. Mais tamén engadiremos algunha explicación da empresa e datos de importancia para que sexa máis precisa e completa.
- Que pasos temos que seguir para elaborar a reportaxe?
- Primeiro informarnos das preguntas que sería recomendable facer coa axuda do libro de texto cos temas didácticos correspondentes e Internet, deseguido pensar e redactar nun borrador posibles cuestións e máis adiante seleccionar as mellores de cada integrante do grupo propoñendo algunha máis en conxunto. O segundo paso sería poñernos en contacto coa empresa elixida e concretar unha data de visita. Unha vez alí poriamos en marcha a nosa entrevista. Xa por último, reuniríamonos no grupo e redactaríamos ben as cuestións presentadas engadindo explicacións e datos da empresa importantes para o noso traballo.
- Que contidos/temas podemos abordar a través da reportaxe?
- Podemos preguntarlle se realmente saben de onde veñen os seus produtos, que nos ensinen os seus produtos ecolóxicos, se usan enerxías renovables… Tamén lle podemos pedir opinión sobre o sistema capitalista actual; se non lle dá rabia que as demais empresas menos comprometidas co medio ambiente, coa reciclaxe ou que fan deslocalización reciban máis beneficios.
- Outros aspectos a ter en conta.
- Temos que tentar sacar moita información pero sendo educados. Debemos agradecerlle a súa colaboración tanto con nós por aceptarnos a entrevista, como co resto do mundo pola súa innovación e sustentabilidade.
Sesión 3
Hoxe, na hora de xeografía e historia, fixemos unha solicitude para a empresa que escollimos e aprendimos a redactar; e na hora de galego, Olga corrixiu a solicitude para que nos puidésemos enviala.
Non tivemos ningunha dificultade.
Non tivemos ningunha dificultade.
Modelo de solicitude
Vigo, 4 de Novembro de 2015
Estimados señores e señoras de AltEnergy
S.L.:
Somos un grupo de alumnos de 3ºESO do centro Salesianos María Auxilidora de
Vigo que estamos a facer un proxecto sobre empresas sustentables en
Vigo e arredores. Para realizalo tivemos que escoller algunhas que nos
pareceron interesantes para afondar sobre o traballo que levan a cabo.
Vostedes estiveron no grupo das escollidas porque utilizan
enerxías eficientes e renovables e ademais fomentan o seu uso e fan
instalacións deste tipo de enerxías.
Por iso, queremos propoñerlles unha visita á súa empresa para
realizarlles unhas preguntas e investigar máis a fondo sobre vostedes para
completar o noso proxecto.
Atentamente, (nomes dos integrantes)
Se aceptan, por
favor contacten con nós neste e-mail (e-mail) ou no teléfono (teléfono)
Vigo, 4 de Novembro de 2015
Estimados señores e señoras de Reciclaxes S.L.U.:
Somos un grupo de alumnos de 3ºESO do centro Salesianos María Auxilidora de Vigo que estamos a facer un proxecto sobre empresas sustentables en Vigo e arredores. Para realizalo tivemos que escoller algunhas que nos pareceron interesantes para afondar sobre o traballo que levan a cabo.
Vostedes estiveron no grupo das escollidas porque se dedican ao reciclaxe e traballan con química verde.
Por iso, queremos propoñerlles unha visita á súa empresa para realizarlles unhas preguntas e investigar máis a fondo sobre vostedes para completar o noso proxecto.
Atentamente, (nomes dos integrantes)
Se aceptan, por favor contacten con nós
neste e-mail (e-mail) ou no teléfono (teléfono)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)